I I I- ANDAINA

 

DE

 

Z A M Á N S

 

 

 

SÁBADO 20 DE XUÑO DO 2009

 

 

20 KM

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ORGANIZACIÓN

 

 

  ESTA ANDAINA ESTÁ ORGANIZADA POLA COMISIÓN DE FESTAS DE ZAMÁNS 2009 CO MOTIVO DE  RECAUDAR FONDOS PARA AXUDA DAS  SÚAS FESTAS.

 

 

SAÍDA

 

 

 

  A SAÍDA SERÁ DENDE O CENTRO CULTURAL DE ZAMÁNS ÁS 09,30 HORAS, SENDO PRECISO PERSOARSE 30 MINUTOS ANTES DO INICIO DA PROBA PARA A ENTREGA DO DORSAL E A CAMISETA CONMEMORATIVA.

  O CENTRO CULTURAL ESTÁ A CARÓN DA ESTRADA XERAL DE PORRIÑO A GONDOMAR.

 

ROTEIRO

 

 

   SAIREMOS CARA O MONTE GALIÑEIRO, PASANDO POLA IGREXA DE ZAMÁNS QUE DATA DO ANO 1770 E POLO BARRIO DO MESMO NOME E INICIAREMOS A SUBIDA ATA O ALTO DE HERVILLE.

 

   DENDE AHÍ TOMAREMOS UN CAMIÑO PEDREGOSO NALGÚNS TRAMOS QUE NOS LEVARÁ ATA OUTRO MÁIS LLANO E INICIAREMOS O ROTEIRO POLA SENDA QUE CONDUCE Ó MONTE ALOIA ATA CHEGAR Ó PARQUE FORESTAL DE MORGADÁNS ONDE FAREMOS O PRIMEIRO ABITUALLAMENTO.

 

   LOGO DE RELAXARNOS E DESCANSAR UN POUCO VOLVEREMOS CARA A ZAMÁNS POR OUTRA SENDA QUE NOS CONDUCIRÁ ATA A CUMBRE DO MONTE GALIÑEIRO, AÍNDA QUE HABERÁ UN CAMIÑO ALTERNATIVO POLA PISTA FORESTAL QUE O RODEA PARA AQUELES QUE NON QUEIRAN OU NON POIDAN SUBIR ATA A CIMA.

 

                            

 

                         

 

 

 

  

   XA NA CIMA, O MELLOR É  TOMAR UN RESPIRO ANTES DE INICIA LA BAIXADA POLA OUTRA FACIANA DA MONTAÑA, ESTA É MÁIS SINXELA E NON COSTARÁ NENGÚN TRABALLO SALVALA.  RETOMAREMOS UN CAMIÑO FORESTAL E DENDE AHÍ DESEMBOCAREMOS AO CAMIÑO ALTERNATIVO PARA SEGUIR UNS METROS MÁIS ADIANTE CERCA DA ANTENA DE TV ONDE COLLEREMOS UN DESVÍO E INICIAREMOS A BAIXADA AO  ENCORO.

 

 

                 

 

 

                     

 

 

     ANTES DE ENTRAR NO CONTORNO DO ENCORO, PASAREMOS POLO MUIÑO DE MAQUIAS, O ÚNICO DA ZONA QUE ANTIGAMENTE ERA MUIÑO E CASA. SUBIREMOS A SENDA Ó CARÓN DO MURO DE CONTENCIÓN DA PRESA E BORDEAREMOS O ENCORO ATA CHEGAR A O SEU NACEMENTO PRINCIPAL ONDE ATOPAREMOS AS RUINAS DUN CONXUNTO DE MUIÑOS QUE AÍNDA QUE HAI UN ACORDO CO CONCELLO DE VIGO PARA A SUA RESTAURACION  NON EMPEZARON A FAENA.

 

                                                      

 

 

 

 

                                      

    

 

                   

 

 

 

 

  SÓ ESTE ÚLTIMO FOI RESTAURADO POLA COMUNIDADE DE MONTES DE ZAMÁNS.

 

   DENDE AQUÍ XA NOS QUEDA PISAR UN POUCO DE ASFALTO PARA CHEGAR Ó CENTRO CULTURAL  ONDE XANTAREMOS E LOGO FAREMOS UN SORTEO DE REGALOS ENTRE TÓDOLOS ASISTENTES.

 

 

 

 

 

CONTROL E ABITUALLAMENTOS

 

 

   Ó LARGO DO ROTEIRO ESTABLECERANSE UNS CONTROIS DE PASO ASÍ COMO UNS ABITUALLAMENTOS QUE SERÁN OS SEGUINTES:

 

    1º ABITUALLAMENTO: NO PARQUE FORESTAL DE MORGADÁNS, AUGA, FROITA E ROSQUILLAS.

 

2º ABITUALLAMENTO: ANTES DE INICIAR A SUBIDA Á CIMA DO GALIÑEIRO, A CARÓN DO REFUXIO DOS MONTAÑEIROS CELTAS.

 

   3º E  ÚLTIMO ABITUALLAMENTO: NO NACEMENTO DO EMBALSE A CARÓN DOS MUIÑOS.

 

 

 

OBSERVACIÓNS

 

-            A ORGANIZACIÓN NON SE FAI RESPONSABLE DOS ACCIDENTES OU DANOS QUE POIDAN SUFRIR OS PARTICIPANTES, SE VEN, TENTAREMOS POR TÓDOLOS MEDIOS POSIBLES MINIMIZAR CALQUER TIPO DE RISCO.

 

-             AÍNDA QUE  NON SE TRATA DUNHA COMPETICIÓN, CONVÉN ESTAR PREPARADO FISICAMENTE. PÓDESE RETIRAR EN CALQUER DOS PUNTOS DE ABITUALLAMENTO.

 

-            É MELLOR LEVAR UNHA MOCHILA  CON AUGA, FRUTOS SECOS OU CARAMELOS, CADA UN SABE A SUAS LIMITACIÓNS E NON ESTÁ DE MÁIS LEVAR TAMÉN UNHA GORRA, PROTECCIÓN SOLAR E CALZADO CÓMODO PERO USADO.

 

-            O RECORRIDO ESTARÁ SINALADO CADA 50 OU 100 METROS CON UNHAS FITAS, EN ALGÚNS CRUCES HABERÁ ATA DUAS OU TRES PARA QUE NON HAXA DÚBIDAS.

 

-            PODE PARTICIPAR CALQUER PERSOA MAIOR DE 14 ANOS, OUTRAS IDADES CONSULTAR COA ORGANIZACIÓN.

 

-            CALQUER DÚBIDA OU PREGUNTA PÓDESE FACER NOS SEGUINTES ENDEREZOS:

 

-            Email tas@electronicatas.com  ou teléfono 639284121 (JOSE).

 

-            Web de Zamáns.

 

-            A KILOMETRAXE ESTÁ REXIDA POR UN PODÓMETRO, PODE VARIAR SENSIBLEMENTE CON OUTRO TIPO DE APARATO.

 

  

 

INSCRICIÓNS

 

 

 

              O PREZO DA INSCRICIÓN É DE TRECE EUROS EXCEPTO PARA OS INSCRITOS NA FEDERACION GALEGA DE MONTAÑISMO QUE A CUOTA SERÁ DE 11 EUROS.

 

              O INGRESO DA CUOTA DEBERÁ FACERSE NA CONTA ABERTA NA OFICINA DE CAIXANOVA DE VALADARES.  NÚMERO DE CONTA:

 

                                         2080/0082/45/0000072210

INDICANDO NO CONCEPTO (ANDAINA, NOME E OS APELIDOS).

  UNHA VEZ TEÑA O XUSTIFICANTE DE PAGO DEBERÁN ENVIALO XUNTO CO BOLETÍN DE INSCRICIÓN Ó NÚMERO DE FAX SEGUINTE:

                                                            986468039

OU BEN Ó CORREO ELECTRÓNICO tas@electronicatas.com

 

ROGAMOS CUBRAN TÓDOLOS DATOS DO BOLETÍN DE INSCRICIÓN.

 

 

 

 

 

          Nome­­­­­­­­­­­­­­­­______________________  Apelidos___________________________________________

         

          Enderezo______________________________________________________________________

 

         Poboación____________________________ C.Postal____________ Provincia_______________

 

         Teléfono___________________ Email_______________________________________________

 

         Federado__________ Nº de licencia________________________________________

 

         Talla camiseta   L    -      M    -     XL    Redondea la elexida

 

   

 

  O PRAZO DE INSCRICIÓN FINALIZA O 4 DE XUÑO

 

 

     O FEITO DE FACER A INSCRICIÓN CONLEVA AO PARTICIPANTE A ACATAR O REGULAMENTO DESCRITO POLA ORGANIZACIÓN.

 

        ISTO NON SE TRATA DUNHA COMPETICIÓN, ASÍ QUE NON HABERÁ UNS CONTROIS DE TEMPO, A COMIDA NO PARQUE FORESTAL DE ZAMÁNS ESTA CALCULADA A PARTIRES DAS DUAS DO SERÁN, LOGO PARTIREMOS CARA O CENTRO CULTURAL ÁS CATRO PARA REMATAR CON UNHA MERENDA E SORTEO DE AGASALLOS A PARTIRES DAS SETE DO SERÁN.

 

 

 

 

 

 

ANIMÁDEVOS